Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estanse a reparar desperfectos nalgunhas paredes debido a humidades e rozaduras de mobles

- A xestión da escola acaba de saír a licitación por 597.608 euros e un período de dous anos

ObrasEIM1

Valga, 3 de xaneiro de 2024.

Aproveitando as datas de Nadal, nas que a afluencia de alumnos á Escola Infantil Municipal diminúe de xeito considerable, o Concello está a acometer actuacións de mellora que afectan a distintas dependencias do centro.

Operarios municipais executan traballos de acondicionamento das paredes en zonas nas que se atopaban deterioradas debido a humidades ou a rozaduras de mobles que fixeron saltar a pintura. Estas obras levaranse a cabo en distintas aulas e estancias nas que se detectou o mesmo problema.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, acudiron á escola para comprobar o avances dos traballos, acompañados polo tamén edil Pedro Calvo.

A Escola Infantil Municipal conta na actualidade cun total de 84 alumnos e seis aulas en funcionamento. A súa xestión acaba de saír a contratación por un importe de 597.608’40 euros e un período de dous anos, que poderían prorrogarse ata un total de catro, tal e como se aprobou no último Pleno celebrado en decembro. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o día 22 de xaneiro.

ObrasEIM2 ObrasEIM3

Volver