Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Lorena Núñez, directora do CIM, explicoulles cuestións sobre a discriminación laboral ou a violencia de xénero

- Os dezaseis alumnos do taller están a aprender as profesións de albanelería e traballos forestais

Xóvenes2Igualdade1

Valga, 28 de decembro de 2023.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes II, promovido conxuntamente polos concellos de Valga e Moraña co apoio económico da Xunta de Galicia, está a formar aos mozos participantes en igualdade, un módulo de dez horas de duración que imparte Lorena Núñez, directora do Centro de Información á Muller (CIM) de Valga.

Trátase dunha formación complementaria aos oficios que están a aprender durante este proxecto, albanelería e forestais, e o obxectivo é que os aprendices coñezan os diferentes plans e políticas institucionais para a loita contra a discriminación laboral, tomen consciencia sobre o problema social da violencia de xénero e se informen sobre as políticas, programas, medidas preventivas e recursos existentes para actuar contra esta violencia. En definitiva, sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes para poder contribuír ao desenvolvemento da sociedade a través do acceso en condicións de igualdade ao mercado laboral.

Esta formación impártese ao mesmo tempo que reciben a formación específica de cada especialidade e traballan nas obras de interese público recollidas no proxecto.

O Obradoiro de Emprego “Xóvenes” deu comezo no mes de outubro e ten unha duración de doce meses. Nel participan dezaseis mozos de entre 16 e 30 anos de idade. Está cofinanciado pola Unión Europea mediante o programa FSE+Galicia 2021-2027.

Xóvenes2Igualdade2 Xóvenes2Igualdade3

Volver