- A actividade desenvolveuse dende setembro no marco do programa Conectadas, da Deputación
- Os usuarios e outros participantes aprenderon a facer broches, chaveiros e outros adornos
Valga, 13 de decembro de 2023.
A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, asistiron esta mañá ao acto de entrega de diplomas dun curso de Artesanía en Coiro que se desenvolveu no CODI e no que participaron os usuarios e persoal do centro.
A actividade deu comezo no mes de setembro no marco do programa Conectadas da Deputación de Pontevedra. Os participantes aprenderon a técnica para o moldeado do coiro con auga quente e a darlle textura con cunchas ou con ferramentas coma o buril. Ademais, tamén traballaron o pintado de pezas.
Algúns dos traballos que realizaron foron broches, marcapáxinas, chaveiros, baleira petos, pendentes e outros adornos.