Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e a concelleira de Emprego asistiron esta mañá ao acto de inauguración

- “Actitude, responsabilidade e disciplina” foi o que lle pediu Bello Maneiro ao alumnado

ObraVII 1

Valga, 28 de novembro de 2023.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia, promovido polos concellos de Moraña e Valga, chega á súa sétima edición, que esta mañá foi inaugurada polo delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acompañado polos alcaldes de ambos municipios, José María Bello Maneiro e Sito Gómez. Asistiron tamén a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, e o xefe territorial de Promoción do Emprego, José Antonio Rodríguez.

Vinte persoas desempregadas participan neste proxecto, no que recibirán durante un ano formación nas especialidades de carpintería e forestais. As clases teóricas compaxinaranas coa realización de obras de utilidade pública en infraestruturas públicas e espazos verdes e de lecer. Durante todo este tempo, ademais, percibirán o salario mínimo interprofesional.

As tres administracións implicadas no proxecto realizarán un investimento de máis de 550.000 euros, dos que arredor de 530.000 son aportados pola Xunta de Galicia.

Na súa intervención, Bello Maneiro instou ao alumnado a que aproveiten a formación que van a recibir. “O esforzo económico que estamos a facer é por vós, para que persoas que tendes máis dificultades para acceder a un posto de traballo aprendades unha profesión que despois vos abra portas a nivel laboral”. Por iso lles pediu “actitude, responsabilidade e disciplina”. Ademais, agradeceu á Xunta a aposta que fai por Valga e Moraña, onde van a coincidir nos próximos meses dous obradoiros de emprego (Ulla-Umia VII e Xóvenes II) cun investimento de un millón de euros.

O delegado da Xunta sinalou, pola súa parte, que “a formación é a mellor política social que se pode facer”.

ObraVII 2 ObraVII 3

Volver