- Ademais das computadoras, os equipos están formados por tabletas e auriculares
- Tamén se dotou á aula con unha cámara de alta definición, un pen drive de 128GB e un aro de luz
Valga, 27 de novembro de 2023.
A Aula CeMIT conta con novo equipamento tecnolóxico que foi instalado pola Amtega (Axencia para a Modernización Tecnlóxica de Galicia) nos últimos días no marco do Plan de Reforma e Ampliación da Rede CeMIT, que trata de impulsar a capacitación dixital da poboación, especialmente nas zonas rurais.
Son un total de catorce equipos os que se instalaron na aula situada na planta soto do Auditorio Municipal, integrados por ordenadores, tabletas e auriculares. Os computadores son all-in-one, que integran todos os compoñentes internos do sistema no monitor, ocupando menos espazo e facéndose máis manexables. Teñen 8GB de memoria e, ademais, webcam incorporada.
Ademais destes equipos, o novo material destinado á aula inclúe un pen drive de 128GB, unha cámara de alta definición, un aro de luz e un chroma key para facer efectos.
Todo este equipamento, súmase aos complementos tecnolóxicos innovadores cos que se dotou á Aula CeMIT nos últimos meses, coma impresora 3D, kits de robótica, drons, gafas de realidade virtual e kits de placas de comunicación e programación.