Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Banda Municipal ofreceu un repertorio con temas coma “Negra Sombra” ou “Romeo y Julieta”

- O alcalde e a concelleira de Igualdade asistiron ao evento, no que se leu un manifesto contra a violencia de xénero

Cocerto25N1

Valga, 25 de novembro de 2023.
A programación organizada polo Concello para conmemorar o 25-N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, pechouse esta tarde co concerto “Música contra a violencia”, ofrecido pola Banda Municipal de Música no Auditorio.

Ao evento, que tiña como lema “Non estás soa. Téndoche a miña man”, asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e os edís José Ángel Souto e Begoña Piñeiro, esta última delegada de Igualdade.

A Banda valguesa, dirixida por Manuel Villar Touceda, ofreceu un repertorio relacionado coa temática da violencia de xénero. Abriu o concerto con “Negra Sombra”, poema de Rosalía de Castro musicado por Juan Montes, e despois interpretou “Sueño de amor”, Franz Liszt, e unha recompilación de cancións de Tina Turner, que foi vítima de malos tratos. Outros dous temas estiveron relacionados coa lenda de Romeo e Julieta: o ballet de Serge Prokofieff e a canción popularizada a finais dos anos 60 por Karina, á que puxeron voz Sara Bandín e Paula Ruíz.

No transcurso do concerto Natalia Fabeiro, integrante da Banda, deu lectura ao manifesto do Concello contra a violencia de xénero.

Cocerto25N2 Cocerto25N3

Cocerto25N4 Cocerto25N5

Volver