Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A edición número vinte e oito abrirá ao público o 3 de decembro ás 17:30 horas

- Ademais da incorporación de novas figuras e esceas, tamén se introducirán melloras no sistema de son

AlcaldeBelén1

Valga, 25 de novembro de 2023.  

A unha semana da inauguración do Belén Artesanal en Movemento, o alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro Pedro Calvo achegáronse ao local do nacemento, en Campaña, para comprobar o estado da montaxe e saudar aos integrantes da asociación Amigos do Belén, os encargados deste traballo completamente artesanal.

O primeiro edil e o responsable da área de Cultura animáronos nesta recta final dos preparativos, agradecéronlles o esforzo que realizan para que cada edición siga sorprendendo e atraendo a visitantes a Valga e interesáronse por algunhas das novidades que se introducirán este ano e que son o segredo mellor gardado ata o día da estrea.

Haberá modificacións tanto nos elementos propios da tradición belenista, con melloras que non pasarán desapercibidas para o público, e tamén nas esceas relacionadas coa actualidade do último ano, repreducíndose algúns dos acontecementos máis vistos e comentados durante o 2023. Os cambios afectarán tamén á zona infantil e estrearase equipamento de son con novos altofaltantes, cableado renovado e centralización de todo o sistema no foso.

Todas as incorporacións poderán descubrirse a partir do domingo, 3 de decembro, cando terá lugar a inauguración ás 17:30 da tarde. O Belén, que está declarado de Interese Turístico de Galicia, permenacerá aberto ata o segundo domingo de xaneiro e poderá visitarse de luns a venres de 17:30 a 20:30, os sábados de 17:00 a 20:30 e os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30. A entrada é gratuíta.

Tómbola benéfica e premios aos valgueses do ano

Para este período, Amigos do Belén teñen previsto, ademais, outros dous eventos. Por unha parte, a terceira edición da tómbola benéfica que terá lugar o día 9 de decembro e cuxa recadación irá a beneficio da fundación de Ángel Carracedo para investigacións no ámbito da xenética; e por outra, os Premios Valgueses do Ano, que se entregarán o 23 de decembro nunha gala no Auditorio Municipal.

AlcaldeBelén2 AlcaldeBelén3

AlcaldeBelén4 AlcaldeBelén5

Volver