- Pasaron a noite no pavillón de Baño, a onde o alcalde e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo acudiron a saudalos
- Na actividade, que remata mañá en Compostela, participan doce patrullas do Batallón do Cuartel Xeral da Brilat
Valga, 23 de novembro de 2023.
O pavillón municipal de Baño foi o lugar elixido polo Batallón do Cuartel Xeral da Brilat para rematar unha das etapas do Camiño Portugués, que están a percorrer esta semana. Co tenente coronel Miguel Ángel Vázquez Lorenzo á fronte, o grupo saíu de Tui o luns, integrado por unha ducia de patrullas de entre 12 e 18 membros cada unha. En total, unhas 140 persoas sumando ao persoal de apoio que os acompaña.
“Trátase dun exercicio que busca a resiliencia e a cohesión da unidade”, en consonancia co lema que estreou este o batallón: “Camiño de constancia e conquista”.
As patrullas comezaron a chegar ao polideportivo arredor das 16:15 horas e, á noitiña, o grupo recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo, que saudaron aos mandos, deron a benvida a todos os soldados e interesáronse por como está a resultar a experiencia. Nas instalacións municipais o grupo ceou e pasou a noite, e esta mañá teñen previsto retomar o camiño cara a Compostela, a onde teñen previsto chegar o venres.