Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os veciños e entidades que queiran participar poden anotarse na Casa do Concello ata o 29 de decembro

- Os tres nacementos mellor valorados polo xurado recibirán premios de 150, 100 e 75 euros

BelénPortal

Valga, 21 de novembro de 2023.

Ante a proximidade das festas de Nadal, o Concello convoca un ano máis o Concurso de Beléns, que cumpre a súa vixésimo segunda edición.

Neste certame poden participar particulares, entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos ou establecementos comerciais. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 29 de decembro e o trámite debe realizarse na Casa do Concello.

O xurado fará un percorrido polos beléns nos primeiros días do novo ano e o día 5, coincidindo coa recepción aos Reis Magos, entregaranse os premios. Os tres primeiros clasificados recibirán 150, 100 e 75 euros para gastar no comercio local e haberá tamén agasallos e diplomas para todos os participantes.

Este concurso pretende contribuír a preservar un dos costumes máis sobranceiros do Nadal e a afianzar a tradición de montar o belén en familia. Partindo da representación do nacemento de Xesús, os participantes teñen liberdade para recrear a paisaxe e o entorno, incluír os personaxes, efectos ou materiais máis diversos, así coma os compoñentes ornamentais que prefiran.

O xurado valorará aspectos coma o enxeño e a orixinalidade, os materiais empregados, o tamaño e número de pezas ou a laboriosidade da montaxe, entre outros.

ConcursoBeléns

Volver