Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A exposición, con cadros de diferentes termáticas, pode verse durante as vindeiras semanas

- “Dende pequena a pintura foi a miña paixón”, sinala a artista, que ten á súa filla como musa

ExpoAnacos1

Valga, 17 de novembro de 2023.
María José Castiñeiras, veciña de Vilar, enche durante as vindeiras semanas a sala de exposicións do Auditorio Municipal coa mostra de pintura “Anacos de beleza”, unha colección de cadros pertencentes a distintas épocas da artista, que dende nena sinte paixón polos pinceis.

“Xa de cativa me gustaban moito o debuxo e a pintura”, unha afección que cultivou durante anos de maneira autodidacta e coa cociña da súa casa como estudo. Actualmente asiste a clases na escola de Elisa Abalo, en Santiago. A súa mestra estivo esta tarde no Auditorio á inauguración da primeira exposición individual que protagoniza María José. O acto contou coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, e tamén dos concelleiros Carmen Gómez, Begoña Piñeiro, Pedro Calvo e José Ángel Souto.

Óleos e pasteis integran a mostra, con cadros de temática variada, moitos deles coa filla da artista como modelo. “É a miña musa”, sinalou María José Castiñeiras durante a inauguración.

O alcalde afirmou que “sempre é un pracer recibir unha nova mostra no Auditorio, pero este caso é especial. Non só porque María José sexa valguesa, senón tamén porque é unha persoa moi loitadora e que ten traballos dun nivel altísimo cos que quedei impresionado. Fannos sentir moi orgullosos”.

ExpoAnacos2 ExpoAnacos3

Volver