Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O técnico deportivo Jesús Miguéns faloulles sobre a importancia da actividade física na sua vida cotiá

- Tamén realizaron xogos con balón e movementos de coordinación

DeporteCodi1

Valga, 16 de novembro de 2023.

Os usuarios do CODI iniciaron esta semana un novo obradoiro que se engade á programación do centro e que está relacionado coa actividade física e a súa potencialidade para mellorar a condición física, psicomotriz e o benestar xeral das persoas con discapacidade.

O monitor deportivo e educativo, Jesús Miguéns, foi o encargado de estrear este taller cunha sesión na que se reflexionou sobre a importancia da actividade física e a súa relación directa con moitos aspectos da vida e hábitos. Dirixidos polo técnico, os usuarios puxeron en práctica algúns exercicios, xogos con balón e movementos de coordinación entre as extremidades superiores e inferiores.

A colaboración entre o CODI e Jesús Miguéns continuará co desenvolvemento doutras actividades que contribúan a unha vida máis saudable por parte dos usuarios. Con este mesmo obxectivo, o monitor explicou ao persoal do centro unha serie de pautas para poñer en práctica cos usuarios no día a día.

 

DeporteCodi2

Volver