Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Tamén se realizará a conexión do saneamento e abastecemento coa PO-548

- As obras son froito da colaboración entre o Concello e a Consellería de Industria

ObrasPolCampaña1

Valga, 10 de novembro de 2023.

Concello e Xunta de Galicia están a executar unha nova fase de mellora das infraestruturas na zona do parque empresarial de Campaña, dando así continuidade ás obras de dotación e soterramento de servizos, creación de beirarrúas e ampliación viaria realizadas con anterioridade.

As actuacións desenvólvense, principalmente, na contorna da empresa Intavalsa e consisten na ampliación dun tramo de estrada, dotación de senda peonil e servizos de abastecemento, iluminación, pluviais e saneamento. Ademais, estanse a reconstruír os muros afectados.

Por último, tamén está previsto executar a conexión de servizos coa estrada PO-548, con apertura de zanxas para realizar as conexións das redes de saneamento e abastecemento.

ObrasPolCampaña2 ObrasPolCampaña3

Volver