- O festexo, no que haberá máis sorpresas, dará comezo ás 18:30 horas
- O Concello anima aos veciños a participar para gozar dunha tarde agradable e de convivencia
Valga, 9 de novembro de 2023.
Xa estamos de cheo no outono e o Auditorio Municipal será escenario o vindeiro día 17 da festa por antonomasia desta estación: o magosto. O Concello está a organizar unha celebración popular na que nenos e maiores poderán pasar unha tarde agradable con moitas sorpresas e degustacións.
Non faltará o produto por excelencia destas datas: as castañas, que se repartirán asadas. Tamén haberá chourizos con pan e chocolate con rosca. Todo gratuíto.
O festexo dará comezo ás 18:30 horas.