Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As vellas chapas metálicas estánse a substituír por paneis de aceiro galvanizado

- Tamén se mellorará o illamento para poñer fin aos problemas de filtracións e humidades no edificio

CubertaCasaCultura1

Valga, 8 de novembro de 2023.

Coas obras de renovación da carpintería exterior practicamente rematadas, a Casa da Cultura sométese a unha nova actuación de mellora que deu comezo nos últimos días e que afecta á cuberta, co obxectivo de mellorar o illamento do edificio.

A colaboración entre Concello e Xunta de Galicia, que cofinancian estes traballos con 71.151’32 euros, permitirá substituír as chapas metálicas do vello tellado por paneis de aceiro galvanizado.

Tamén se colocarán canalóns e un illamento axeitado, para rematar cos problemas de humidades e condensación provocados polas filtracións a través da cuberta, que deixa pasar importantes cantidades de auga ata a planta baixa. Esta problemática chegou a inutilizar algúns dos espazos da Casa da Cultura.

CubertaCasaCultura2 CubertaCasaCultura3

Volver