Valga, 31 de outubro 2023.
A ruta de sendeirismo "O Ulla, entre telleiras e outros comercios", que ía celebrarse este sábado, queda definitivamente anulada, debido ás malas previsións climatolóxicas, que auguran chuvias para esa xornada.
O Concello lamenta que a actividade, que contaba con arredor de 150 persoas inscritas, non poida celebrarse, xa que ía a percorrer algúns dos enclaves de interese do municipio máis salientables e singulares vencellados ao río, coma o embarcadoiro de Santa Cristina, as telleiras de Vilar ou as lagoas Mina Mercedes e Porto Piñeiro.