- O Consello da Xunta aprobou hoxe o convenio para executar as obras
- O espazo revalorizarase ao dándolle prioridade peonil e instalando novo pavimento e mobiliario urbano
Valga, 26 de outubro de 2023.
O Consello da Xunta aprobou na súa xuntanza desta mañá un convenio de colaboración co Concello para investir máis de 240.000 euros na humanización da Praza do Souto, en Pontevalga.
O proxecto trata de dar importancia a esta zona, situada na fachada do Edificio de Usos Administrativos, outorgándolle prioridade peonil mediante a eliminación, ao máximo, do tráfico de vehículos ao limitalo só a residentes. Deste xeito quérese revalorizar este espazo e convertelo nunha zona segura e funcional, favorecendo o seu uso por parte dos veciños e reforzando a súa conexión coa Praza Vicente Cousiño.
Entre as obras a executar atópase a substitución do actual pavimento por outro de pedra natural, a renovación das instalacións de saneamento, o soterramento das liñas aéreas de servizos e dotación de mobiliario urbano.
En total investiranse 240.329’97 euros, que serán aportados ao 100% pola Xunta.