Na igrexa de San Miguel celebrouse unha misa oficiada polo párroco Arturo Lores
- Os efectivos do cuartel valgués, familias, achegados e as autoridades compartiron un aperitivo
Valga, 12 de outubro de 2023.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Seguridade e Interior, Álvaro Fernández, asistiron esta mañá aos actos na honra da patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar, organizados polo posto da Garda Civil de Valga.
As celebracións incluíron un aperitivo nos exteriores do cuartel valgués no que se deron cita os efectivos locais da Benemérita, familiares, outros achegados e autoridades. A continuación, os asistentes trasladáronse á igrexa de San Miguel de Valga, onde se oficiou un acto relixioso oficiado polo párroco Arturo Lores. Nesta misa participou tamén o exconcelleiro de Seguridade, José Lagos.