Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Colocáronse novas ventás e portas de aluminio nos colexios de Xanza, Chenlo e Forno

- Durante o verán e a través de “Embelecer Valga” tamén se instalou nova carpintería interior

CarpinteríaCRA1

Valga, 5 de outubro de 2023.

As escolas que forman parte do CRA de Valga xa teñen completamente renovada a súa carpintería exterior de aluminio, un proceso que deu comezo hai meses e que, grazas á colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia, vén de completarse nos últimos días coa instalación das últimas portas e ventás que estaban pendentes de actualizar nos colexios de Xanza, Chenlo e Forno.

Os traballos foron executados pola empresa local García Sistemas de Carpintería S.L., financiados pola Consellería de Educación e contribuirán a unha maior confortabilidade e aforro enerxético nas aulas posto que mellorarán o illamento térmico.

En concreto instaláronse catro portas e seis ventás en Chenlo, dúas portas no Forno e catro portas e 12 fiestras en Xanza. O investimento ascendeu a 38.275’91 euros. Nas outras tres escolas –Vilarello, Ferreirós e Campaña– a renovación da carpintería exterior xa se completara con anterioridade.

Ademais, durante este verán e a través do programa “Embelecer Valga”, o CRA tamén instalou nova carpintería interior de madeira, principalmente portas que dan acceso ou comunican as diferentes estancias das escolas.

CarpinteríaCRA2 CarpinteríaCRA3

Volver