Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas interesadas en asistir poden anotarse no Auditorio Municipal

- A aula centra a súa actividade na alfabetización dixital e na promoción das novas tecnoloxías

Aula Cemit

Valga, 28 de setembro de 2023.

A Aula CeMIT, na que se desenvolven actividades gratuítas relacionadas coas novas tecnoloxías da información e da comunicación, ten aberto o prazo de inscrición nunha serie de cursos e seminarios que se impartirán ao longo das vindeiras semanas e que ofrecerán formación en eidos coma o da informática, a fotografía, a telefonía móbil ou a robótica.

A listaxe de actividades programadas son:

  • Curso de iniciación á informática
  • Sácalle partido ao teu móbil
  • Robótica para séniors
  • Realiza trámites coa administración electrónica
  • Curso sobre Ebooks
  • Retoque de fotografías.

As datas de inicio aínda non están fixadas, pero si o horario das clases: de 10 a 11:30 horas. As persoas interesadas en asistir a calquera destas actividades poden inscribirse no Auditorio Municipal.

A Aula CeMIT de Valga forma parte da rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica da Xunta que ten como obxectivo a vertebración territorial e social de Galicia, en especial naqueles lugares nos que a fenda dixital é máis notoria, impulsando, potenciando e difundindo coñecementos sobre as novas tecnoloxías mediante actividades formativas no campo da alfabetización dixital e o emprendemento.

Volver