Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Unha unidade móbil da Xunta atópase en Valga durante tres xornadas consecutivas, con todas as citas xa reservadas

- As consultas diríxense a persoas maiores de 55 anos co obxectivo de previr a dependencia

Coidados1

Valga, 25 de setembro de 2023.

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia desprazou a Valga durante tres xornadas consecutivas –dende hoxe e ata o mércores– unha unidade móbil do programa “Coidados porta a porta”, que promove o envellecemento activo e trata de previr a dependencia entre as persoas maiores das zonas rurais. Ofrécelles, para iso, a posibilidade de recibir coidados gratuítos na súa contorna, sen necesidade de desprazamentos.

Podoloxía, estimulación da memoria e audioloxía son os servizos que esta iniciativa ofrece aos usuarios maiores de 55 anos e durante a estadía da unidade en Valga pasarán polas consultas un cento de veciños.

Na área de podoloxía realízanse diagnoses e tratamentos das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas...). O servizo de audioloxía céntrase na prevención da xordeira e as sesións de memoria inclúen a realización de probas de valoración cognitiva e actividades de estimulación co obxectivo de previr enfermidades neurodexenerativas.

Coidados2 Coidados3

Volver