Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A empresa demanda persoal cualificado para a fabricación de vehículos especiais e a Xunta estuda fórmulas de colaboración

- A compañía familiar ten en Valga a súas instalacións produtivas dende o ano 2014

ConselleiraUrovesa

Valga, 6 de setembro de 2023.
A tenente alcalde e concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, participou esta mañá nunha visita da conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, á empresa Urovesa.

A responsable da Xunta de Galicia escoitou as demandas da compañía en materia de emprego e formación e comprometeuse a buscar fórmulas de colaboración para atender a necesidade de persoal cualificado para o deseño e fabricación de vehículos especiais. Nese senso, a conselleira destacou que empresas coma esta son as que “xeran riqueza en Galicia”, e de aí o compromiso da Xunta por atender as súas “necesidades e intentar poñer as menores trabas burocráticas posibles”.

Fundada en 1981, Urovesa encárgase de deseñar vehículos polivalentes de altas prestacións e última tecnoloxía, con clientes en máis de 30 países e cunha capacidade produtiva que chega aos 5.000 vehículos ao ano. En Valga é onde se sitúa a súa área produtiva desde 2014 sendo actualmente unha empresa referente no deseño, fabricación e postvenda de vehículos todoterreo e especiais para o uso militar e industrial, así como para usos civís coma a loita contra os incendios forestais ou a recollida de residuos urbanos.

Trátase dunha empresa familiar que conta con máis de 300 persoas traballadoras na actualidade.

Volver