Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As estruturas permitirán agrupar os distintos colectores e favorecer a separación de residuos

- Na área fluvial tamén renovaron cerca de 200 metros de varandas de madeira

IllasColectoresObradoiro1

Valga, 4 de setembro de 2023.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VI, promovido polos concellos de Valga e Moraña, enfía a súa recta final. Despois dun ano de contidos teóricos e prácticos nas especialidades de forestais e carpintería, a acción formativa rematará a finais deste mes de setembro, mentres o alumnado continúa executando as obras recollidas no proxecto.

É o caso dos aprendices de carpintería, que están a realizar traballos na área fluvial de Vilarello. En concreto, están a habilitar dúas illas para agrupar os distintos tipos de colectores do lixo e así favorecer a correcta separación de residuos. Unha delas, de 3 x 1’90 metros, está emprazada nas inmediacións do local destinado a cafetería e ten capacidade para dous colectores. A outra atópase xunto ao aparcadoiro e ten unhas dimensións maiores (5 x 4’30 metros) e capacidade para catro colectores pequenos e outros dous máis grandes (de papel e cristal).

Os alumnos, dirixidos polo docente da especialidade, José Oliveira, realizaron a cimentación das dúas illas, con base de formigón, e colocaron os balaústres e os listóns de madeira tratada en autoclave. A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e o concelleiro Pedro Calvo achegáronse a comprobar o avance dos traballos.

Con anterioridade, os aprendices deste módulo xa executaran outra obra neste mesmo espazo: a renovación das varandas do auditorio ao aire libre e da zona de miradoiro, que se atopaban deterioradas. Retiraron as vellas estruturas e colocaron outras novas de madeira de abeto. En total instaláronse cerca de 200 metros de novas varandas.

IllasColectoresObradoiro2 IllasColectoresObradoiro3

IllasColectoresObradoiro4

Volver