Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Escola de Verán contou con 90 inscritos entre xullo e agosto e o Campus Deportivo con 15 mozos

- Tamén se clausurou onte a Escola de Baloncesto, desenvolvida polo club Río Ulla 

EVClausura1

Valga, 1 de setembro de 2023.

As actividades de conciliación que se desenvolveron durante os meses de verán clausuráronse onte cunha xornada festiva na área fluvial de Vilarello na que se deron cita tanto os nenos que participaron na Escola de Verán coma os mozos do Campus Deportivo.

Durante toda a mañá sucedéronse as actividades de lecer, algunhas coa colaboración do Club Acuático Umia, de Caldas de Reis, con exhibicións e demostracións e tamén coa realización de xogos para os cativos. Houbo tempo para unha xincana con probas deportivas e para unha sesión de baile e karaoke.

A Escola de Verán contou, durante os meses de xullo e agosto, con noventa rapaces de 4 a 11 anos que, empregando como base o recinto do CEIP Baño-Xanza, participaron en iniciativas culturais, educativas e de lecer, fomentando valores coma a igualdade, o respecto medioambiental ou o traballo en equipo. Obradoiros, animación á lectura, baile, contacontos, sesións de cine, xogos, deportes ou excursións para coñecer a contorna foron algunhas das actividades.

En paralelo, no mes de agosto a praia fluvial de Vilarello acolleu un Campus Deportivo para mozos de entre 12 e 16 anos. Unha quincena de rapaces practicaron diferentes disciplinas deportivas –fútbol, bádminton, voleibol... –, realizaron xincanas e probas físicas e tamén participaron en saídas a espazos coma as fervenzas de Raxoi e Parafita.

Estas actividades, organizadas polo Concello, foron gratuítas para as familias, co obxectivo de facilitar a conciliación durante as vacacións escolares.

Ademais, tamén se clausurou onte a Escola de Verán de Baloncesto, que se desenvolveu no pavillón municipal de Baño durante os meses de xullo e agosto. Impartida polo club Río Ulla, coa colaboración do Concello, contou con máis de corenta participantes que realizaron diferentes actividades relacionadas co deporte da canastra, dende xogos de iniciación ata técnicas de perfeccionamento.

EVClausura2 EVClausura3

ClausuraBaloncesto1 ClausuraBaloncesto2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver