- Percorreron a ruta entre saltos de auga, bosque de ribeira e muíños restaurados
- O campamento, dirixido a mozos de 12 a 16 anos, púxose en marcha este verán para favorecer a conciliación
Valga, 30 de agosto de 2023.
Os mozos participantes no Campus Deportivo que o Concello puxo en marcha este verán para favorecer a conciliación familiar gozaron dunha mañá en contacto coa natureza nunha das paraxes máis fermosas de Valga: a ruta das fervenzas de Raxoi e Parafita.
Os rapaces, de entre 12 e 16 anos, iniciaron a andaina pola zona de Raxoi, dende onde avanzaron en paralelo ao río Valga entre o bosque de ribeira e seguindo as pasarelas de madeira ata chegar á fervenza de Parafita.
Algúns deles era a primeira vez que se adentraban nesta zona na que os saltos de auga se intercalan con muíños restaurados.