Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os bares Pardal, Caprichos, O Pontellón e Auditorio foron os protagonistas do último showcooking desta edición

- Dúas tostas, anguía con espaguetes de sepia e anguía ao forno con patacas foron as elaboracións que puideron degustarse

ShowcookingTapa1

Valga, 30 de agosto de 2023.

A actividades gastronómicas que se desenvolveron durante o mes de agosto como parte da programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País chegaron onte á súa fin co cuarto showcooking desta edición, no que se repasaron algunhas das receitas gañadoras da Ruta-concurso “Tapa a Anguía”, que celebrou este ano o seu décimo aniversario.

Os protagonistas desta demostración culinaria en vivo foron os cociñeiros dos bares Pardal, Caprichos, O Pontellón e Auditorio, establecementos que acumulan varios premios da ruta de petiscos e que explicaron ante os asistentes as súas mellores preparacións con anguía.

Para abrir boca, dúas tostas. Primeiro, a do Bar Pardal, gañadora do primeiro premio do público no ano 2021, na que a anguía frita ía sobre pan tostado en aceite de oliva e allo e acompañada de salsa de tomate natural e pementos caramelizados. E, a continuación, a de Pastelería Caprichos: unha tosta con anguía frita, cebola caramelizada e crema de vinagre balsámico, coa que este establecemento gañou o segundo premio en 2016.

O Pontellón preparou un petisco con espaguetes de sepia salteados con gambas, salsa de mango e ron e anguía frita, unha receita que se proclamou gañadora da ruta en 2019. O menú completouse cunha tapa da Cafetería Auditorio que na última edición, en 2022, levou o Mandil de Bronce (terceiro premio) cunha anguía ao forno con patacas panadeira.

ShowcookingTapa2 ShowcookingTapa3

ShowcookingTapa4

 

 

Volver