- Ofrece servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria
- As consultas, dirixidas a persoas maiores de 55 anos, son gratuítas
Valga, 30 de agosto de 2023.
O programa asistencial “Coidados Porta a Porta”, da Xunta de Galicia, desprazará no mes de setembro a Valga unha das súas unidades móbiles, que ofrecerá atención gratuíta a persoas maiores de 55 anos nas especialidades de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
Este servizo estará no noso concello os días 25, 26 e 27 de setembro, nas inmediacións do Centro de Saúde, e para acudir é preciso solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. As consultas son gratuítas.
Os servizos que ofrece son os seguintes:
- Podoloxía: Faise unha consulta básica cunha valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, calos e helomas.
- Audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará pautas de como previr e minorar o deterioro, en caso de habelo.