Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A iniciativa quere concienciar á poboación sobre os efectos negativos do vertido incontrolado destes materiais de refugallo

- Valga conta cun punto de reciclaxe destes residuos, situado no CODI

enchufa

Valga, 17 de abril de 2018.

A campaña “O que se enchufa, reclícase”, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, chega a Valga para promover a reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos e combater os efectos negativos do vertido incontrolado destes residuos. O punto de información instalarase de 11 a 14 horas na Casa do Concello e de 16 a 19 horas no Auditorio durante as xornadas de mañá mércores e o xoves.

Esta campaña, que está a percorrer toda Galicia, quere concienciar á poboación sobre a necesidade de reciclar estes materiais de refugallo para lograr incrementar as cotas de reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. Un dos principais obxectivos desta iniciativa de sensibilización é combater os efectos negativos do vertido incontrolado dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, especialmente os máis pequenos, eliminar as prácticas ilegais asociadas á súa xestión e informar á cidadanía sobre a importancia do correcto tratamento do refugallo mediante unha tripla acción: reparar, reutilizar e reciclar.

Esta campaña pode seguirse tamén nas redes sociais (a través de facebook.com/RAEEGALICIA e twitter.com/RAEE_GAL) e os cidadáns poden consultar os puntos de reciclaxe máis próximos aos seus domicilios na páxina web www.oqueseenchufareciclase.gal. En Valga atópase un destes puntos de reciclaxe, emprazado no CODI, a onde poden levarse todo tipo de aparatos eléctricos e electrónicos (excepto televisores e pantallas, que teñen que deixarse no Punto Limpo). Alí desmóntanse e sepáranse os distintos materiais que, despois, son recollidos por un xestor autorizado.

Volver