Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O pontevedrés César Argibay preparou catro combinados que sorprenderon polo seu sabor e polos ingredientes empregados

- Está aberto o prazo de inscrición na última actividade do “Agosto Gastronómico”, unha homenaxe aos dez anos da Ruta “Tapa a Anguía”

Caña23 1 copia

Valga, 20 de agosto de 2023.

A caña do país entrou este domingo en escena no “Agosto Gastronómico” cunha demostración de coctelería en vivo á que asistiron unhas trinta persoas que puideron degustar catro cocteis de auitor elaborados por César Argibay Pampín con distintas variedades de augardente. “A caña branca é moi similar a un vodka ou ao ron, polo que ofrece múltiples posibilidades. A de herbas dá un toque fresco e a tostada imprime unha dozura especial aos combinados”, destaca Argibay, que será tamén quen elabore os cócteis que poderán degustarse na noite do sábado no Parque Irmáns Dios Mosquera.

Para o showcooking deste domingo preparou catro bebidas que realzaban o sabor da caña de Valga a través da combinación con outros ingredientes. A degustación abriuse cunha piña colada elaborada con caña branca, zume de piña e leite de coco e, a continuación, serviuse un margarita ás finas herbas que mesturaba cointreau e zume natural de lima con augardente de herbas.

Unha das preparacións máis sorprendentes, en canto á mestura de ingredientes e ao sabor, foi un Bloddy Mary herbal con arandos. Ao zume destes froitos vermellos, o cocteleiro engadiulle caña de herbas, zume de lima limón e de tomate, tabasco, salsa Perrins, sal e pementa. A sesión pechouse cun ‘carajillo’ tostado express a base de licor café e augardente tostada, caramelo líquido e cubos de xeo feitos con café e vainilla. Nata líquida e grans de café foron o toque decorativo.

E a augardente artesanal seguirá a ser a protagonista na próxima actividade do “Agosto Gastronómico”, o showcooking “A caña no prato”, que terá lugar mañá á noitiña e no que os chefs Fran Jamardo, Coque Fariña e Rocío Garrido prepararán catro receitas con caña nas súas distintas variedades. Hoxe abriu, ademais, o prazo de inscrición para o última demostración culinaria desta edición, que se celebrará o martes día 29 e recordará as dez edicións que se levan celebrado da Ruta-Concurso “Tapa a Anguía”. Elaboraranse algunhas das receitas gañadoras deste certame dende a súa creación.

Para participar e preciso cubrir a folla de inscrición que pode descargarse na páxina web do Concello (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) ou recollerse en papel nas oficinas municipais. Pode enviarse por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou entregarse no rexistro.

Caña23 2 Caña23 3

Caña23 4 Caña23 5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver