Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Era a veciña de máis idade de Valga, despois de cumprir 103 anos en xullo

- Os actos fúnebres na súa memoria celébranse esta tarde na igrexa de Campaña

ReginaPasamento

Valga, 20 de agosto de 2023.
O Concello lamenta o falecemento, na xornada de onte, da centenaria Regina Grela Fernández. O goberno local, en nome de todos os valgueses, transmite as súas condolencias á familia e aos achegados.

Nada no 1920 e residente no lugar de O Coto (Campaña), Regina era a veciña de máis idade de Valga, despois de cumprir 103 anos o pasado 27 de xullo. Naquela xornada o alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez, visitárana no seu domicilio para felicitala e agasallárana cun ramo de flores.

A capela ardente está instalada na sala número 3 do tanatorio municipal, en Beiro. Esta tarde, ás 16:30 horas, terá lugar a condución do cadaver ata a igrexa parroquial de Santa Cristina de Campaña, onde se celebrarán os actos fúnebres na súa memoria.

ReginaEsquela

Volver