Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os establecementos son Comparada, Auditorio, Couceiro, O Pontellón, Potel, Maneiro, Caprichos, Palmera Beach e Pardal

- Entre as persoas que voten polo mellor petisco sortearanse dez vales de compra de 30 euros

 

Tapas23 1

Valga, 19 de agosto de 2023.

A Ruta-Concurso Tapa a Anguía, que cumpre a súa décima edición, está xa en marcha cun total de nove establecementos de hostalería participantes. Neles sérvense dende hoxe, e durante dúas fins de semana consecutivas, tapas de anguía gratuítas coas consumicións no seguinte horario: os sábados de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 e os domingos de 12:00 a 15:00.

Os locais e os seus respectivos petiscos son os seguintes:

  • Bar Pardal. Pesto de anguía: Anguía con fondo de cebola e tomate natural, acompañada de pasta negra e bañada con queixo de Arzúa e un pesto de pementos de Padrón.
  • Palmera Beach Valga. Paella de anguía á mariñeira: Paella de anguía con mariscos e verduras.
  • Pastelería Caprichos. Tosta de anguía con crema de aguacate: Anguía frita sobre tosta de sésamo e con crema de aguacate.
  • Bar Maneiro. Anguía no seu punto: Anguía frita acompañada de pementos de Padrón.
  • Bar Potel. Anguía en salsa sofritida: Anguía sofrita en salsa con allo e perexil e acompañada de pataca cocida.
  • Café- Bar O Pontellón. Anguía ao estilo Pontellón: Tosta de anguía sobre rulo de cabra con salsa de pemento morrón e pistachos.
  • Café-Bar Couceiro. Anguía ao forno con salsa de anguía: Anguía ao forno con arroz basmati e bañada en salsa.
  • Cafetería Auditorio. Anguía no escenario: Base de masa de follado con anguía e mollo agridoce.
  • Casa Comparada. Compa roliños: Roliños recheos de masa roux e anguía asada cun corazón de xelificante de tomate.

 Durante esta primeira fin de semana celebrarase a parte de concurso, na que se pode votar pola mellor tapa e entrar no sorteo de 10 vales de 30 euros cada un para gastar no comercio local. Para iso hai que reunir os selos dos diferentes establecementos e depositar as papeletas nas urnas habilitadas en cada un deles. Con estes votos outorgaranse tres premios a outros tantos locais: os Mandís de Ouro, Prata e Bronce.

Ademais, haberá un xurado profesional que outorgará un único premio. A que elixan como mellor tapa da ruta poderá degustarse na Festa da Anguía de 2024.

Os días 26 e 27 serán unicamente de degustación.

Tapas23 2 Tapas23 3

Tapas23 4 Tapas23 5

Volver