Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Elaboraron circuítos eléctricos e crearon unha peza audiovisual en formato “stop motion”

- O día 25 de agosto terá lugar un segundo taller dirixido a mozos de 12 a 15 anos

TecnoloxíasCemit1

Valga, 17 de agosto de 2023.

A Aula CeMIT, no Auditorio Municipal, acolleu esta mañá unha sesión práctica de experimentación tecnolóxica na que participaron unha decena de nenos valgueses de entre 8 e 11 anos de idade.

Esta iniciativa, promovida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, ten como obxectivo espertar vocacións tecnocienfíticas entre a mocidade e reforzar as súas capacidades en ámbitos coma a ciencia, a enxeñaría ou as matemáticas a través de obradoiros nos que aprender e experimentar.

Neste caso os rapaces, dirixidos pola docente Paula Tubío, traballaron na elaboración de circuítos eléctricos con papel e, a despois, crearon unha peza audiovisual en formato 'stop motion’. Para iso, deseñaron e deron forma a diferentes personaxes con materiais coma cartolina, plastilina ou pompóns.

 A vindeira semana, o venres 25, terá lugar un segundo obradoiro dirixido a mozos de 12 a 15 anos que poderán experimentar coa creación de tecidos intelixentes. Os participantes aprenderán a programar sensores para construír un proxecto sobre unha prenda téxtil que reaccione a cambios de distancia, luz, inclinación, etc. As inscricións poden realizarse a través da Rede CeMIT ou presencialmente no Concello ou no Auditorio.

A través destas actividades trátase de potenciar o desenvolvemento das competencias tecnolóxicas asociadas ás ciencias, introducindo a creatividade e empregando materiais innovadores relacionados coa arte para que as sesións resulten máis atractivas para os participantes.

TecnoloxíasCemit2 TecnoloxíasCemit3

Volver