Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A estrutura acaba de entrar en servizo trala execución das obras, nas que se investiron 48.261 euros

- O goberno local está a apostar pola mobilidade sustentable creando circuítos seguros para os desprazamentos a pé ou en bicicleta

PasarelaSenda1

Valga, 15 de agosto de 2023.

A senda peonil que comunica a Rúa Doutor Oya Salgueiro, en Pontevalga, coa zona do Carballiño (Xanza) xa está completa, despois de que, nos últimos días, entrara en servizo a pasarela de madeira instalada para salvar o río Valga, que dividía o circuíto en dous tramos.

A estrutura, na que se investiron 48.261’19 euros do Plan Concellos, ten dous metros de ancho e non afecta á capacidade hidráulica do río. De feito, as obras contaron con autorización de Augas de Galicia.

Con esta pasarela evítase que os usuarios da senda teñan que entrar na estrada no tramo que discorre sobre o río. Desta maneira, vese reforzada a seguridade xa que peón e vehículos dispoñen de carrís totalmente independentes e separados.

Con esta actuación complétase o proxecto de construción da senda entre O Carballiño e Pontevalga, que ten arredor dun quilómetro de lonxitude, dous metros de ancho e pavimento de xabre, e coa que o goberno local segue a apostar pola mobilidade sustentable, creando circuítos seguros para os desprazamentos a pé ou en bicicleta.

PasarelaSenda2 PasarelaSenda3

Volver