Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Dará comezo o día 21 de agosto ás 10:00 horas no Auditorio Municipal

- Trataranse aspectos coma o fortalecemento da autoestima, a xestión das emocións ou o coidado do corpo

 

Valga, 10 de agosto de 2023.

O Concello, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade, organiza un curso de autocoidado e relaxación que ten aberto o prazo de inscrición. A actividade, que conta coa colaboración da Consellería de Igualdade a través do programa Corresponsables, é gratuíta e está aberta á participación de todo tipo de públicos.

Dará comezo o día 21 de agosto cunha sesión informativa programada para as 10:00 horas no Auditorio Municipal. O taller constará dun total de 16 sesións impartidas por especialistas nas que se tratarán aspectos coma o autocoidado social, mental, emocional e físico.

Os participantes coñecerán fórmulas para fortalecer a súa autoestima e mellorar as relacións sociais. Tamén traballarán a mente, a través de disciplinas coma o ioga, e a xestión das emocións. Ademais, outra parte do obradoiro centrarase no coidado do corpo para estar a gusto con un mesmo.

As persoas interesadas en participar deben cubrir a folla de inscrición, que pode descargarse na ligazón https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes ou recollerse nas oficinas municipais. O prazo remata o día 17 de agosto. Tamén poden obter máis información sobre a actividade a través do teléfono 677 555 748 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

TallerAutocoidado

Volver