Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Degustarán rixóns, zorza, cocido e callos no patio do colexio Xesús Ferro Couselo

- carne dun porco poxarase entre os asistentes e o evento contará coa música de Algueirada e Nueva Era

Matanza

Valga, 12 de abril de 2018.

A sexta edición da Festa da Matanza do Porco, que organiza a asociación Amigos do Belén coa colaboración do Concello e que terá lugar o sábado, reunirá a uns douscentos veciños no patio do colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro. O prazo de inscrición pechouse este mediodía.

Os asistentes poderán presenciar a partir das 11 horas a matanza tradicional, amenizada pola agrupación de gaitas Algueirada de Pontecesures.

Foron dous os animais que dende o mes de outubro do pasado ano se criaron no recinto da Escola Taller, en Campaña. A carne dun deles será poxada durante a festa e a do segundo será degustada nunha comida popular.

O menú estará composto por produtos típicos da mantanza como rixóns, zorza, cocido e callos. De postre haberá morcilla cocida e filloas, ademais de sobremesa con café e caña. A continuación haberá un baile co grupo musical “Nueva Era”.

Volver