- Adáptase a todo tipo de terreos e permite regular a altura de corte da herba en función das necesidades
- Tritura os restos vexetais e devólveos ao chan para que fagan de abono natural
Valga, 5 de xullo de 2023.
O Concello vén de adquirir unha máquina cortacéspede para reforzar o servizo de mantemento dos parques e zonas verdes do municipio. Trátase dunha máquina profesional de 16 cabalos de potencia e 94 centímetros de ancho de corte, que funciona a gasolina e se axusta a todo tipo de espazos, ofrecendo versatilidade no seu uso.
Conta con prato de corte flotante, que se adapta ás irregularidades do terreo e permite variar a altura de corte en función das necesidades. Ademais de cortar, tamén tritura a herba e devolve os restos vexetais ao chan para que fagan de abono natural.
É unha máquina segura e sen risco para as persoas que a conduzan xa que, ao levantarse do asento, apágase e non se activa o corte.