Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Participarán en obradoiros, xogos lúdicos e educativos, sesións de animación á lectura ou deportes

- As actividades gratuítas, para as que se recibiron 105 inscricións, continuarán durante o mes de agosto con outros dous grupos de 30 e 15 rapaces

EV23 1

Valga, 3 de xullo de 2022.

Un grupo de sesenta nenos de entre 4 e 11 anos de idade deron comezo esta mañá á quenda de xullo da Escola de Verán, organizada polo Concello durante os meses estivais para facilitar a conciliación das familias valguesas durante as vacacións escolares.

Inicialmente, o Concello tiña previstos un máximo de 30 participantes en cada quenda, pero a elevada demanda que tiveron as actividades motivaron que o goberno municipal decidira facer un esforzo para atender todas as peticións. Deste xeito, no grupo de xullo, que foi o máis solicitado, dobrouse a cifra ata os 60. Durante as vindeiras semanas, os rapaces realizaran diferentes actividades culturais, educativas e de lecer: obradoiros, animación á lectura, baile, contacontos, sesións de cine, xogos, deportes, excursións… Fomentaranse, ademais, valores coma a igualdade, o respecto medioambiental ou o traballo en equipo. O recinto do colexio Baño-Xanza é o lugar no que se desenvolven as actividades, en horario de 9:00 a 14:00.

No mes de agosto haberá unha segunda quenda da Escola de Verán con 30 inscritos e, este ano, por vez primeira organizouse tamén un campus deportivo para mozos de maior idade (entre 12 e 16 anos), que se desenvolverá tamén en agosto con 15 participantes.

En total foron 105 as inscricións para as actividades estivais, que son gratuítas.

Foron un total de 105 os nenos e mozos que se inscribiron para participar nas actividades, que son gratuítas.

EV23 2 EV23 3

Volver