- Beiro, Campaña e Laxes foron os vencedores nas outras tres disciplinas
- O premio á deportividade recaeu nos participantes do Sixto
Valga, 2 de xullo de 2023.
Avenida da Coruña é o campión absoluto das Olimpíadas da Aldea 2023.
Nas cinco competicións que se desenvolveron durante a tarde de onte na praia fluvial de Vilarello acadou dúas medallas de ouro: no Mundialito de Fútbol e no brilé. Outros tres equipos conseguiron a bitola de campións: Laxes nas carreiras de sacos, Beiro no cangrexo e Campaña na xincana.
Ademais dos gañadores absolutos, hai que destacar o excelente papel de conxuntos coma Laxes, que obtivo tres medallas (a de ouro en sacos e dúas de prata no cangrexo e na xincana), ou Campaña, que non só venceu na xincana, senón que tamén acadou o segundo posto nos sacos.
En total nove equipos inscribíronse nas Olimpíadas, que repartiron 1.500 euros premios. Os gañadores de cada disciplina recibiron 200 euros e os segundos clasificados, 100.
Este foi o palmarés final das Olimpíadas:
BRILÉ:
1º: Avenida da Coruña
2º: A Veiga
CANGREXO:
1º: Beiro
2º: Laxes
CARREIRAS DE SACOS:
1º: Laxes
2º: Campaña
MUNDIALITO DE FÚTBOL:
1º: Avenida da Coruña
2º: Carballiño
XINCANA:
1º: Campaña
2º: Laxes
CAMPIÓN ABSOLUTO: Avenida da Coruña
PREMIO Á DEPORTIVIDADE: Sixto
RECOÑECEMENTO ESPECIAL: Aos irmáns Héctor e Esteban Bermúdez Touceda, pola súa fidelidade durante anos á festa