Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Mantéñense dúas dedicacións exclusivas e dúas parciais e os Plenos celebraranse os últimos luns dos meses pares

- Os novo edil do grupo de goberno, Álvaro Fernández, asume as competencias de Protección Civil, Seguridade e Interior

PlenoXullo23 1

Valga, 30 de xuño de 2023.

A nova Corporación municipal saída das eleccións do pasado mes de maio celebrou onte un Pleno extraordinario para establecer a organización pola que se rexerá o Concello durante o mandato 2023-2027.

Os puntos incluídos na orde do día foron os seguintes:

Constitución dos grupos políticos e designación dos seus voceiros

  • Grupo municipal do Partido Popular (Voceiro: Román Castro Castromán)
  • Grupo municipal do PSdeG-PSOE (Voceira: María Ferreirós Magariños)
  • Grupo municipal do BNG (Voceiro: Francisco Devesa Senín)

Periodicidade das sesións plenarias (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e do BNG e en contra do PSOE)

As sesións ordinarias celebraranse o último luns dos meses pares ás 20:10 horas. Non se celebrarán sesións nos meses de agosto e decembro, trasladándose estas a setembro e novembro.

Dar conta do nomeamento dos tenentes de alcalde, aos que lles corresponde substituír ao alcalde na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento no caso de ausencia ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións.

  • Román Castro Castromán
  • Carmen Gómez Pardal
  • José Ángel Souto Jamardo
  • Begoña Piñeiro Busto

Dar conta do nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, que celebrará sesión ordinaria con periodicidade semanal.

  • Román Castro Castromán
  • Carmen Gómez Pardal
  • José Ángel Souto Jamardo
  • Begoña Piñeiro Busto

Dar conta das delegacións específicas aos concelleiros da Corporación

  • Román Castro Castromán: Obras, Servizos, Urbanismo, Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural
  • Carmen Gómez Pardal: Educación, Formación, Emprego e Industria
  • José Ángel Souto Jamardo: Economía, Facenda, Contas e Patrimonio
  • Begoña Piñeiro Busto: Sanidade, Benestar Social e Igualdade
  • Malena Isorna Sumay: Turismo, Novas Tecnoloxías e Escola de Música
  • Pedro Calvo Blanco: Cultura e Xuventude
  • Álvaro Fernández Abalo: Protección, Civil, Seguridade e Interior
  • Manuel Ferreiro Maneiro: Deportes

Creación das Comisións Informativas (aprobado cos votos a favor do grupo do PP, en contra do PSOE e abstención do BNG)

  • Comisión Informativa de Réxime Especial de Contas, Economía, Facenda e Patrimonio
  • Comisión Informativa de Obras, Servizos, Urbanismo e Desenvolvemento Rural
  • Comisión Informativa de Sanidade, Igualdade e Benestar
  • Comisión Informativa de Educación, Formación, Emprego e Industria
  • Comisión Informativa de Medio Ambiente, Protección Civil, Seguridade e Interior
  • Comisión Informativa de Cultura, Deportes, Xuventude e Turismo

As comisións estarán compostas por tres concelleiros do grupo municipal do PP, un do grupo do PSdeG-PSOE e un do BNG.  As sesións celebraranse os luns, martes, mércores e xoves ás 13:10 horas.

Creación das Comisións de Coordinación (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do BNG)

Estarán integradas polo alcalde e os concelleiros delegados e celebrarán sesións ordinarias con carácter semanal.

Nomear aos representantes do Concello nos órganos colexiados (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e abstención do PSOE e do BNG)

  • Representante no CEIP Plurilingüe Baño-Xanza, no CRA e no IES: Carmen Gómez Pardal (suplente Begoña Piñeiro Busto)
  • Representante no CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo: José Ángel Souto Jamardo (suplente Malena Isorna Sumay)

Determinación dos postos de persoal eventual (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do BNG)

Designación dun posto de Responsable de Novas Tecnoloxías e Comunicacións

Determinación dos cargos con dedicación (aprobado cos votos a favor do grupo do PP, en contra do PSOE e abstención do BNG)

  • Dedicacións exclusivas: as concelleiras delegadas de Educación, Formación, Emprego e Industria e de Sanidade, Benestar Social e Igualdade, cunha retribución de 1.400 euros mensuais
  • Dedicacións parciais: o concelleiro de Cultura e Xuventude e a concelleira de Turismo, Novas Tecnoloxías e Escola de Música, cunha retribución de 700 euros mensuais.

Determinación das asistencias dos membros da Corporación a órganos colexiados e indemnizacións a percibir (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do BNG)

  • Pleno: 85 euros/sesión cada membro
  • Xunta de Goberno Local e Comisións de Coordinación: 100 euros/sesión cada membro
  • Comisións Informativas: 55 euros/sesión cada membro
  • Mesas de contratación: 55 euros/sesión cada membro
  • O presidente dos respectivos órganos colexiados percibirá, a maiores, 50 euros por sesión

PlenoXullo23 2 PlenoXullo23 3

Volver