- Sesións de adestramento, competicións por categorías e outras actividades deportivas forman parte do programa
- Prolongarase ata o venres nas instalacións municipais en horario de 9:30 a 1:30
Valga, 26 de xuño de 2023.
O Campus de Verán que organiza o Cordeiro C.F. e que se desenvolve nas instalacións municipais de Campaña conta coa participación de oitenta e catro nenos e mozos que hoxe deron comezo ás actividades incluídas no programa, que trata de fomentar a práctica deportiva, en concreto a do fútbol, entre os máis novos, pero tamén incentivar a súa responsabilidade e os valores da convivencia, o compañeirismo, o xogo limpo ou os bos hábitos alimentarios.
Todo isto a través de actividades de carácter eminentemente lúdico, co obxectivo de que os rapaces o pasen ben xuntos, convivan con outros compañeiros de diferentes idades e aprendan a respectarse.
As dobres sesións de adestramentos diarias, entre as 9:30 e as 13:30 horas, compaxinaranse con competicións por categorías durante os cinco días de duración do campus. E, ademais, tamén haberá espazo para outras actividades deportivas á marxe do fútbol.