Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As actuacións terán lugar o sábado día 1 na área fluvial de Vilarello a partir das 23 horas

- Durante todo o día disputaranse as Olimpíadas da Aldea, para as que está aberto o prazo de inscrición

XuventudeWeb

Valga, 23 de xuño de 2023.

A décimo quinta edición da Festa da Xuventude, que se celebra o sábado 1 de xullo na área fluvial de Vilarello, xa ten cartel musical. A cantautora galega SÉS e o grupo América de Vigo, serán os encargados de amenizar a noite, a partir das 23:00 horas, e despois dunha xornada na que as actividades deportivas serán as protagonistas.

SÉS será a encargada de abrir as actuacións coa súa mestura de música tradicional con blues, rock e canción de autor. Os seus concertos están marcados pola súa pola súa personalidade combativa e tamén pola experiencia e madurez que lle outorga máis dunha década de traxectoria musical. María Xosé Silvar presentará en Vilarello o seu octavo traballo discográfico, “Diante dun eco”, no que regresa aos seus inicios e no que destacan temas como “Cantan as balas” ou “Para cando eu morra”.

A continuación subirá ao escenario o grupo América, un clásico das verbenas galegas con 47 anos de carreira dende que se fundara en 1976. Cun estilo característico e un coidado repertorio, a banda viguesa fará un repaso por algúns dos grandes éxitos do rock de todos os tempos, tratando de conectar con todo tipo de públicos.

Olimpíadas da Aldea

Ademais das actuacións musicais, durante toda a xornada do sábado disputaranse en Vilarello as Olimpíadas da Aldea, para as que está aberto o prazo de inscrición. Poden participar equipos formados por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 6, todos a partir de 15 anos de idade. Os equipos serán mixtos e contarán cun mínimo de dúas persoas de cada xénero.

Disputaranse simultaneamente ata cinco xogos e deportes: Fútbol praia, Brilé, Carreiras de sacos,  o Cangrexo e unha xincana. En cada un outorgaranse as correspondentes medallas douradas e prateadas aos primeiros e segundos clasificados, ademais de gratificalos con 200 e 100 euros respectivamente. En total, repartiranse 1.500 euros en premios.

Unha vez rematadas as competicións, designarase ao campión absoluto das Olimpíadas, que será o equipo que máis medallas douradas acumule. En caso de empate, terase en conta tamén o número de medallas prateadas.

O prazo para anotarse estará aberto ata as 13:00 horas do día 29 de xuño entregando no Concello a correspondente folla de inscrición cuberta ou enviándoa por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A folla pode descargarse na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) ou recollerse en papel nas oficinas municipais.

xuventude 23 copia

Volver