Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O acto tivo lugar esta tarde no Auditorio coa presenza do alcalde e da concelleira Begoña Piñeiro

- Trinta e cinco alumnos asistiron ás clases de inglés impartidas dende o pasado mes de outubro

DiplomasEI1

Valga, 22 de xuño de 2023.
Coincidindo co remate do curso académico, a Escola Municipal de Idiomas celebrou a entrega de diplomas aos alumnos que, dende o mes de outubro de 2022 asistiu ás clases de inglés impartidas no Auditorio por María Cobo, mestra da academia Waterford de Pontevedra. O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Begoña Piñeiro, participaron no acto.

Foron uns 35 os estudantes matriculados no curso recén terminado, os máis cativos de 6 anos e os mozos máis maiores de 17. Algúns destes últimos presentaranse nos vindeiros días ao examen B1.

Ademais, este ano formouse unha clase de adultos que comezou o curso con 8 persoas e rematouno con 6. Raquel Rey, de Campaña, é unha das integrantes deste grupo e exerceu de portavoz dos seus compañeiros destacando que “a maioría non sabiamos practicamente nada de inglés e esta fin de semana imos de viaxe a Londres, seguras e a comer ‘fish and chips’”.

Na clausura do curso, a mestra aludiu aos bos resultados acadados e ás “boas notas” conseguidas polos alumnos nos seus respectivos centros educativos. O alcalde, pola súa parte, indicou que “o Concello está encantado de facilitar o estudo de idiomas, que hoxe en día son importantísimos”.

DiplomasEI2 DiplomasEI3

DiplomasEI4           DiplomasEI5

Volver