Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Na estrada nacional reordenarase a intersección existente na marxe esquerda do punto quilométrico 89,400 para permitir o xiro de vehículos en dirección a Pontevedra

- Nas áreas arqueolóxicas continuarase cos traballos de excavación e posta en valor

ivella

Valga, 9 de abril de 2018.

O proxecto de Presupostos Xerais do Estado, que a semana pasada foi presentado no Congreso dos Deputados, reserva partidas económicas para executar, no caso de que os orzamentos sexan aprobados, distintas actuacións en Valga. Unha delas, a mellora da seguridade vial e adecuación da intersección emprazada na marxe esquerda do punto quilométrico 89,400 da estrada N-550, ao seu paso polo lugar do Pino. A Secretaría de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento aprobou definitivamente en agosto de 2017 o proxecto de trazado da obra .

Esta actuación conta cun orzamento estimado de licitación de 615.690,98 euros (IVE incluído) e foi solicitada polo Concello co obxectivo de garantir a seguridade neste punto da estrada N-550, un vial que soporta unha grande intensidade de tráfico, en boa parte vehículos pesados. Na actualidade, os condutores que circulan en dirección a Pontevedra teñen prohibido xirar á esquerda na intersección a reordenar e, asimesmo, os que saen do cruce tampouco poden xirar para continuar en dirección Pontevedra, unha situación que se pretende corrixir coa execución deste proxecto. Deste xeito, as actuacións que se plantexan teñen como finalidade a mellora da intersección mediante carrís centrais de espera e os correspondentes carrís ou cuñas de cambio de velocidade, canalizándose os movementos e mellorando as condicións de seguridade vial.

Por outra parte, os orzamentos do Estado tamén consignan fondos para continuar cos traballos arqueolóxicos nos xacementos Igrexa Vella e Mercado dos Mouros. Neste último preténdese retomar as excavacións para, posteriormente, acometer a súa posta en valor e a creación dun centro de interpretación.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver