Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actuación foi contratada á empresa Rigiral S.L. por un importe de 48.339’51 euros

- Os novos equipamentos favorecerán a práctica deportiva e de exercicio físico ao aire libre

ObrasCalisteniaSkate1

Valga, 15 de xuño de 2023.

A empresa Rigiral S.L. deu comezo nos últimos días ás obras de instalación dun parque de calistenia e unha pista de skate na contorna da Mina Mercedes. Os novos equipamentos conlevan un investimento de 48.339’51 euros, que se financian con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e supoñen a ampliación desta zona lúdica, deportiva e de esparexemento que xa conta cun parque infantil e un circuíto biosaudable.

O proxecto inclúe o acondicionamento dos terreos mediante desbroces, despexe da vexetación e nivelación do piso. Estas son as tarefas que están a realizar actualmente os operarios, que xa estenderon a base para o parque de calistenia. Sobre ela colocarase unha estrutura composta por táboas de madeira de pino tratada para intemperie e rechea de area de sílice. En canto ao equipamento, este parque contará cun cuadrilátero de barras, banco abdominal, barras progresivas, barras paralelas e un conxunto formado por barra libre, poldro de aneis, escaleira horizontal e espaleira.

Tamén está en execución a base para a zona destinada á práctica de skate, que será de formigón armado de 20 centímetros de espesor. Esta pista disporá dunha rampla de 4 metros de ancho por 1 de alto e un radio de curva de 2’13 metros. A parte central terá unha lonxitude de 2’42 metros.

ObrasCalisteniaSkate2 ObrasCalisteniaSkate3

Volver