Celebraranse este mércores, día 14, a partir das 21:00 horas na Casa do Concello.
A) Parte resolutiva
1. Expediente 424/2023. Convocatoria da última sesión do Pleno do mandato corporativo 2019-2023.
2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria celebrada en data 02-05-2023.
A continuación, ás 21:15 horas, está convocada a reunión da Xunta de Goberno, cun único asunto na orde do día: a aprobación da acta da sesión anterior. Por último, os membros do goberno municipal celebrarán a Comisión de Coordinación para dar conta das xestións realizadas nestes últimos días de mandato.
A lexislatura 2023-2027 dará comezo oficialmente o vindeiro sábado, cando terá lugar a toma de posesión da nova Corporación municipal saída das eleccións do pasado 28 de maio.