- A mostra de expresionismo abstracto pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 28 de abril
- “Esta foi a primeira colección que expuxen e a que marcou a pauta a seguir”, explica o artista
Valga, 6 de abril de 2018.
O artista cambadés Joaquín Arosa Trapote expón no Auditorio Municipal “Orixe”, unha mostra coa que regresa á súa primeira etapa como pintor a comezos da década dos 90, uns anos marcados polo expresionsismo abstracto e o colorismo.
“Orixe” foi “a primeira colección que expuxen e a que marcou a pauta a seguir, por iso me gusta recuperala sempre que vou a un lugar novo xa que impacta un pouco”, explica. Con 49 anos, leva boa parte da súa vida adicada á pintura, aínda que non de xeito profesional.
“É unha inquedanza que fun descubrindo pouco a pouco e que me foi envolvendo. Gústame buscar un tema no que profundizar e ir sempre evolucionando, non quedar anclado”. Así, os seus traballos comezaron sendo figurativos, para despois pasar ao abstracto e regresar, na actualidade, a unha pintura “figurativa pero máis realista”.
“Orixe” pode verse na sala de exposicións do Auditorio ata o vindeiro 28 de abril.