- Dous equipos do Cordeiro-Ulla clasificáronse terceiros tanto na fase final coma na de consolación
- As competicións organizadas polo Cordeiro C.F. continúan os días 10 e 11 coas categorías alevín e prebemamín
Valga, 5 de xuño de 2023.
O campo municipal de Baño foi por segunda fin de semana consecutiva epicentro da actividade deportiva no concello, coa disputa do VII Torneo de fútbol base do Cordeiro C.F. na categoría benxamín, nas que participaron un total de 16 equipos: Cordeiro-Ulla A, B e C, Catoira SC, CD Unión, Arousa F7, Vilagarcía SD, Compañía de María, SD Cacheiras, SD Villestro, Xuventú Aguiño, Atlético Fátima, CCD Taragoña, CD Conxo, EF Lalín e AD Nicrariense.
O campión da xornada foi o Catoira, que venceu na final ao Xuventú Aguiño. O Cordeiro-Ulla A foi terceiro e EF Lalín clasificouse na cuarta posición.
Na fase de consolación o gañador foi Atlético Fátima, que disputou a final co CD Unión. A terceira praza foi para o equipo B do Cordeiro-Ulla, e o Arousa F7 ocupou a cuarta praza.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, participaron na entrega de medallas e trofeos.
O torneo continúa os próximos días 10 e 11 coa disputa dos partidos de categoría alevín e prebenxamín, e pecharase na fin de semana do 17 e o 18 de xuño coas últimas categorías: xuvenil e biberón.