Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Veciña do Carballiño, era a terceira persoa máis lonxeva de Valga logo de cumprir 101 anos en setembro

- Os actos fúnebres na súa memoria terán lugar mañá martes a partir das 18:00 horas na igrexa de Xanza

Josefina3

Valga, 29 de maio de 2023.
O Concello de Valga fai público o seu pesar polo falecemento, na xornada de hoxe, da centenaria Josefina Rodríguez Touceda. O goberno local, en nome de todos os valgueses, transmite as súas condolencias á familia e aos achegados.

Residente do Carballiño, Josefina era a terceira veciña máis lonxeva do municipio, despois de cumprir 101 anos en setembro de 2022. Naquela xornada o tenente alcalde, Román Castro, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, visitárana no seu domicilio para felicitala en nome de todos os veciños de Valga e agasallárana cun ramo de flores.

A capela ardente está instalada na sala número 3 do tanatorio municipal, en Beiro. Mañá martes, ás 18:00 horas, terá lugar a condución do cadaver ata a igrexa parroquial de Santa María de Xanza, onde se celebrarán os actos fúnebres.

Volver