Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- En cadetes, o gañador foi o Xuventú Aguiño, que venceu na final ao Amio SD

- O próximo sábado continúa a competición, cos partidos de categoría benxamín

Infantil23 1

Valga, 29 de maio de 2023.

O Cordeiro-Ulla de categoría infantil proclamouse este domingo campión do Torneo de Fútbol Base que se disputou no campo municipal de Baño. Os locais acadaron o primeiro posto vencendo na final ao Atlético Cuntis, nunha competición que se desenvolveu durante toda a xornada e na que participaron un total de 16 equipos. O terceiro posto foi para o Stelae FS e en cuarto lugar clasificouse o CCD Taragoña.

Na fase de consolación, foi primeiro o Atlético Cuntis B, seguido de San Martín, CD Unión e CF Noia.

A sétima edición do torneo deu comezo o sábado coa disputa dos partidos de categoría cadete, na que o vencedor foi o Xuventú Aguiño. O segundo posto recaeu no Amio SD, terceiro foi Bertamiráns FC e o cuarto posto acadouno o CF Noia. Na fase de consolación, liderou a clasificación o CD Rois, que disputou a final contra a UD Bastavales. O Catoira SD e o San Martín foron terceiro e cuarto, respectivamente.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, asistiron o sábado ao acto de entrega de medallas e trofeos, que foron aportados polo Concello. Os trofeos, en concreto, foron realizados para a ocasión polos usuarios e persoal do CODI.

O vindeiro sábado, a partir das 9:00 da mañá, continúa o torneo, organizado polo Cordeiro C.F., cos encontros de categoría benxamín.

Infantil23 2 Infantil23 3

Cadete23 1 Cadete23 2

Cadete23 3 Cadete23 4

Volver