Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As melloras, nas que se investirán máis de 96.000 euros, continuarán por Vilar, O Forno, A Medela e Casal de Eirigo

- Renovarase o asfalto e, nalgúns casos, tamén se ensancharán as vías

AsfaltadoLaxes1

Valga, 26 de maio de 2023.

As obras de mellora de estradas municipais nas que o Concello investirá máis de 93.000 euros deron comezo na zona de Laxes. As actuacións realizadas consistiron na limpeza de marxes e apertura de cunetas e pavimentación con mestura bituminosa en quente. Ademais, tamén está previsto realzar ata a cota do asfalto as tapas de rexistro.

O obxectivo é mellorar a seguridade viaria e as condicións para a circulación para vehículos e outros usuarios da estrada.

Estes traballos continuarán agora por outras vías de titularidade municipal nas parroquias de Cordeiro, Xanza e Setecoros. Concretamente, no Forno, Vilar (onde se acondicionarán tres tramos de estrada) A Medela e Casal de Eirigo. Nestes dous últimos lugares, ademais de mellorar a pavimentación, o proxecto inclúe o ensanche da plataforma de circulación.

AsfaltadoLaxes2 AsfaltadoLaxes3

Volver