Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actuación conlevará a eliminación do bombeo e a instalación dunha canalización ata Forno

- O orzamento de 84.570,92 euros finánciase coa baixa doutras obras

 

Valga, 5 de abril de 2018.

O Concello adxudicou á empresa Covsa as obras de mellora da rede de saneamento no lugar de Barcia para evitar así as afeccións que un bombeo está a causar en dúas viviendas e que son consecuencia do vertido de materias non biodegradables, como toalliñas ou plásticos, a rede de alcantarillado.

O proxecto, cun orzamento de 84.570,92 euros, finánciase co reinvestimento de baixas producidas na execución das obras do Plan Concellos 2016 e conlevará a eliminación do pozo de bombeo de Barcia e a colocación dunha nova tubaxe ata o lugar de Forno, onde a canalización enlazará coa rede xeral de saneamento municipal. Na actualidadade, cando a bomba deste pozo se atranca xera unhas vibracións que ocasionan problemas nas vivendas colindantes, en concreto en dous inmobles. Con estas obras porase fin a esta situación.

Os atascos na rede de alcantarillado debido ao vertido de materiais que non son biodegradables non son exclusivos desta zona, senón que se producen a cotío. Por iso, o Concello solicita á veciñanza que eviten tirar polo inodoro toalliñas hixiénicas, compresas ou envoltorios plásticos e contribúan así a poñer fin a esta problemática que causa importantes inconvintes tanto no funcionamento da rede municipal de saneamento como para os veciños que residen nas zonas afectadas e xera unha notable repercusión económica para as arcas públicas.

Volver